Skip to main content
Trabada

Trabada renovará a cuberta da antiga escola de Trabadela

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada acadou unha nova subvención, neste caso de 19.999,99 euros para a renovación da cuberta da antiga escola de Trabadela. O goberno local aportará outros 8.571,42 euros para levar a cabo esta actuación. A axuda foi solicitada o pasado 16 de xaneiro, cando naquel momento era alcaldesa en funcións Julia María Barcia.

“Con esta actuación seguimos mellorando as nosas antigas escolas, para así darlles diferentes utilidades e mantelas no mellor estado posible”, explica o alcalde de Trabada, Ruben García. Nesta mesma escola de Trabadela, o Concello rematou o ano pasado as obras de rehabilitación da primeira planta do inmoble.

O proxecto consistiu na remodelación da vivenda para dotala de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se mantiveron os tres dormitorios existentes. Grazas a estas reformas, melloráronse as dimensións dos distintos espazos, dotándoos de maior funcionalidade e mellores condicións de accesibilidade. Agora, grazas á nova subvención, o acondicionamento da escola continuará coa renovación da cuberta.