Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

O Vicedo volve saír á rúa para protestar pola falta de médicos

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

As asociación culturais, deportivas e de veciños do concello do Vicedo convocan unha nova manifestación para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio. A concentración terá lugar este domingo 28 a partir das 11.30 horas diante da Casa Consistorial.

Con esta nova convocatoria pretenden esixir unha mellora nas condicións sanitaria, xa que “hai anos que vén funcionando baixo mínimos”, sosteñen os veciños do Vicedo. Din que a situación foi empeorando progresivamente. Primeiro, suprimiuse a asistencia dun dos médicos, traballando só un e o outro en esporádicas ocasións; logo só un. Por outra parte os nenos tiñan que acudir ao pediatra ao centro de Viveiro, pero neste tampouco hai facultativos.