Skip to main content
O Vicedo

Seis locais participan na segunda volta da XIV Ruta de Pinchos do Vicedo

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

Continúa a segunda parte da XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Este venres e sábado, 26 e 27 de abril, entre as 20.00 e as 23.00 os locais de restauración do concello do Vicedo poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia baixo o prezo de 3,50 euros. Os comensais terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas Máquinas amasadoras de cociña.

Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizarase unha valoración para escoller o mellor pincho desta XIV Ruta de pinchos. O premio para o local co mellor pincho e para os clientes afortunados coas dúas Amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o día luns 29 de abril as 19:00 horas.

Na primeira fin de semana do venres 19 e sábado 20, participaron o Restaurante Area Grande de San Román, co pincho “Vianda de egid” e o Chiringuito da Abrela, en Suegos, con “Mariscada Abrela”. Agora é a quenda dos locais do casco urbano: Mesón O Remo con “Bocadito de bacalao”, Café-bar San Esteban con “Sandwich A Gaiteira”, La Bodeguita del Puerto con “43º-55” Peixe das Baixas de Elías”, Cafetería da Casa da Cultura con “Carrilleras a Mi Manera”, Café-bar Santo Domingo con “Calamares da Ría con arroz” e Merendero Los Árboles con “Secreto”.