Skip to main content
Viveiro

O punto limpo de Viveiro estará no IES María Sarmiento ata o día 11

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de informar de que o punto limpo móbil volverá a percorrer as parroquias do municipio. Nesta ocasión estará nas inmediacións do IES María Sarmiento ata o 11 de abril.

Neste vehículo, os veciños e veciñas poderán depositar distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores de residuos habituais.

Despois, do 12 ao 25 de abril estará na igrexa de Area na parroquia de Faro, do 26 de abril ao 9 de maio na piscina municipal en Celeiro, e do 10 ao 23 de maio no aparcadoiro da variante.