A parroquia de San Andrés de Boimente celebrará unha nova edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio, no municipio de Viveiro, os próximos días 6 e 7 de xullo.
Polo momento non hai programa festivo pero poderase desfrutar das marabillosas vistas desde o monte e do corte das colas e as crines das reses e o marcado a lume dos poldros.