Skip to main content
Viveiro

Este venres 5 de abril estarán dispoñibles as entradas do Resurrection Fest a prezo reducido para empadroados

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa de que, dende este venres 5 de abril, estarán dispoñibles as entradas do Resurrection Fest a prezo reducido para empadroados e empadroadas no municipio, mantendo o desconto do 50 % do prezo.

“Como cada ano, todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir ao festival dispoñen desta vantaxe, produto do acordo entre o Concello e a entidade organizadora do festival, Bring The Noise”, explica a alcaldesa,  María Loureiro. O evento celebrase no municipio dende os seus comezos en 2006.

O goberno municipal agradece deste xeito a colaboración da cidadanía ante as posibles incomodidades derivadas dun evento que atrae unha gran cantidade de público a Viveiro, que ten un papel fundamental na dinamización do sector comercial e hostaleiro da vila.

As entradas a prezo reducido poderanse adquirir no Claustro de San Francisco como en anos anteriores. A venda estará dispoñible todos os venres agás o venres día 12 de abril.

A iniciativa só inclúe abonos personais e intransferibles, aos que só poden acceder persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiros nin se poderá mercar de máis dun abono por persoa.

FESTIVAL 2024. A organización do Resurrection Fest comezou a debullar as primeiras bandas para o festival do ano 2024 que se celebrará en Celeiro do 26 ao 29 de xuño.

Así, comezaron confirmando que á banda estadounidense de grove metal fundada en 1991, Machine Head, estarán en Viveiro en verán. Seguiron comunicando que tamén estarán Electric Callboy, Jiluka, Shadow of Intent, Solence, Me and the Fritos Gimme Cheetos, Rise to Fall, Bolu2 Death, Cro-Mags, Bob Vylan, Sons of Aguirre & Scila, The Back Panthys Parry, Bellako, Worst, Dream State.

Tamén estarán na cidade do Landro Biohazard, Drug Church, Pest Control, Proud’z y Frakture, además de Corrosion of Conformity, High on Fire, Nashville Pussy, Green Lung, Khemmis, The Electric Alley Apache, The Lizards e Sandford Music Factory.

Bad Oiiiens ofrecerá en Viveiro o seu único concerto en España en el 2024, Corey Taylor, Accept, Delain, Sober+Savia+Skizoo, El Reno Renardo, Death Legacy, Lovebites, Megadeth, Eivor, Royal Thunder, Bokassa, La Excavadora, Sgift o Maybeshewill. También Baby Metal, Knosis, Future Palace, Teksuo, Donuts Hole, Ihsahn, Heretoir, Dool, Mol, Hexis, Bruce Dickinson, vocalista de Iron Maiden; The Offspring, que repetirá, así como Alice Cooper e Sum 41.