Skip to main content
Viveiro

Viveiro acolle o Campionato Galego Junior de Taekwondo

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Viveiro acollerá este sábado 20 de abril, o Campionato Galego Junior de Taekwondo, que terá lugar no pavillón municipal de Viveiro. O evento foi presentado nun acto que contou coa participación, por parte do Concello, da alcaldesa María Loureiro. Participaron tamén Amaya Vilar, presidenta da entidade organizadora ACD Ujeong,+; o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez e o presidente do Centro Deportivo Jansu e representante da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Quintana.

“É unha marabillosa noticia que este evento deportivo de ámbito galego se desenvolva na nosa vila”, sinala María Loureiro. Dende o Concello apostan por apoiar e impulsar todo tipo de deportes no municipio, “que son ademais o mellor xeito de promover un estilo de vida saudable”, engade a rexedora.

O evento organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Ujeong conta coa colaboración do Concello de Viveiro, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Taekwondo e o Centro Deportivo Jansu de Vilalba.