Skip to main content
Viveiro

Realizan labores de mantemento nas cunetas da estrada de Naseiro, en Viveiro

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou labores de mantemento nas cunetas da estrada de Naseiro, para corrixir os desperfectos provocados polos últimos temporais. A actuación nas cunetas era “prioritaria para que a auga non desborde en caso de novas crecidas do río Landro”, explica o concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.

Estas crecidas causaron no pasado mes e medio “que a estrada ficase practicamente intransitable”, sinala Martínez, polo que foi necesario realizar unha limpeza exhaustiva. A pista, á que se accede dende a estrada LU-161, leva ao campo da festa, o lugar onde se celebra cada agosto a Romaría do Naseiro, tamén coñecida como a Romaxe do Bo Xantar.

A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, destaca “a importancia que ten esta estrada para a celebración desta festa tan senlleira, que facía imperativo tela o antes posible nas mellores condicións”.