Skip to main content
Viveiro

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro sortea bonos relax polo Día da Nai

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en a Campaña do Dia da Nai có sorteo dunha “Experiencia Relax para Mamá”. Nesta ocasión apostan por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data e sortean 5 Bonos Relax no Thalasso las Sirenas, para que as nais desfruten dunha experiencia relaxante.

As gañadoras poderán escoller entre distintas técnicas ou programas termais, programas especiais, rituais en bañeiras de hidromasaxe e moitas opcións dentro dunha ampla carta de programas e tratamentos. O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 5 de maio de 2024 (ambos incluídos).

Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 6 de maio de 2024 ás 16.00 horas a través da propia APP. Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisarán directamente ó gañador para que poida recoller o premio.

Dinamizar o comercio

Con esta iniciativa intentan dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.

Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación son, por unha parte, a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro. As bases da campaña e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com.