Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Os Correcamiños 4×4 organizan un campionato de supercross en Alfoz

Por 8 Abril, 2024Abril 9th, 2024Sin comentarios

O club focego Os Correcamiños 4×4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o domingo 14 de abril.

Esta proba será válida para o Trofeo Galego de Supercross e para o campionato asturiano deste deporte. O prezo da entrada é de 5 euros, pero os nenos e nenas poderán acceder gratis. Participarán as categorías Alevín SX 50, Alevín SX 55, SX 85, SX 1 SX2 SUB e Máster.