Skip to main content
Axenda LUGOXAO Corgo

Os maiores do Corgo poderán familiarizarse coas novas tecnoloxías grazas a un obradoiro

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

O centro sociocultural do Corgo acolle o sábado 6 de abril un obradoiro de acceso ás novas tecnoloxías. Trátase dunha proposta, que se impartirá de 12.00 a 14.00 horas a modo de charla, dirixida a persoas maiores que queiran familiarizarse coas novas tecnoloxías.

Neste encontro, organizado pola Irmandade de Lugo Sempre coa colaboración co colectivo Os Cinco Ríos e da Asociación Cultural Observatorio Político, falarase sobre o uso do móbil, do correo e sobre as aplicacións útiles no día a día.

Tamén se aprenderá a pedir citas bancarias e a facer xestións. Conta con 20 prazas e os interesados poden facer as súas inscricións a través do 606 257 252.