Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Combo Dominicano, Cinema e Gran Parada estarán nas festas da Piringalla de Lugo

Por 22 Abril, 2024Abril 23rd, 2024Sin comentarios

O barrio da Piringalla celebra as súas festas na honra a San Isidro os días 15, 16, 17, 18 e 19 de maio. No programa contarán con verbenas da man de Combo Dominicano, Cinema e Gran Parada. O mércores haberá misa solemne na igrexa da Milagrosa ás 12.30 e xa pola noite, a partir das 21.30, actuarán o grupo de baile dirixido por Ana e Tante.

Elena Candia dará o pregón e farase entrega dos bastóns de ouro de San Isidro. Tamén organizan unha solta de globos en símbolo da paz e xa a partir das 22.45 horas comezará a verbena co Dj Ayran Núñez e co Combo Dominicano.

O xoves organizarase o oitavo Campionato do Mundo en Lanzamento de Pantuflas na rúa San Isidro con premios de 30, 20 e 10 euros máis trofeos. Xa pola noite, actuarán a partir das 22.45 horas o dúo Estrellas e a orquestra Cinema. O venres, actuará o grupo de zumba dirixido por Mila e a orquestra Gran Parada e o sábado terá lugar a primeira Xuntanza de Coches Clásicos na rúa Manuel María e verbena con Neón e o solista de Abanico José Manuel.

O programa remata co Día do Neno coa apertura de carruseis ás 12.00 e ás 17.00 horas. Volverá actuar o grupo de zumba e haberá degustación de chocolate con churros para a cativida ás 10.30 horas.