Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

Monterroso acolle unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EC4RURAL

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

Monterroso acolle unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EC4RURAL. O Concello de Monterroso organiza o vindeiro luns 29 de abril esta proposta, que ten como prioridade asegurar que as comunidades rurais europeas participen e se benefician da transición cara ás enerxías limpas a través da creación de comunidades enerxéticas.

A charla terá lugar ás 20.00 horas no Centro Sociocultural de Monterroso e nela abordaranse aspectos como a situación enerxética da localidade, como producir enerxía colectivamente ou como ser parte da comunidade enerxética de Monterroso.