Skip to main content
O Corgo

Adai volve enxalzar o billar feminino co Campionato Galego Bola 9 e Bola 10

Por 18 Abril, 2024Abril 19th, 2024Sin comentarios

O Club de Billar Adai continúa pola súa aposta polo deporte femenino coa terceira edición do Campionato Galego de Baillar Feminino Bola 9 e bola 10. Os torneos terán lugar este sábado e domingo na sede do club corgués, a antiga escola de Adai, e nel participarán xogadoras como a actual campioa Mayte Ropero, Belén Encabo ou Covadonga María Durán.

En total, cítanse unha vintena de xogadoras que competirán durante a fin de semana polas primeiras prazas, que clasifican para os campionatos estatais, en cada unha das modalidades. O club estase a covnerter nun dos grandes referentes na práctica, non só a nivel autonómico senón tamén a nivel nacional, pois foron os encargados de organizar a IV Copa de España Feminina días 6 e 7 de abril.

Nestas xornadas, as instalacións do Corgo recibiron as mellores xogadoras de España na penúltima proba do circuíto nacional. Deste xeito, a provincia de Lugo conta cun club de referencia capaz de formar ás novas xeracións en deportes de precisión.