Skip to main content
Deportes LUGOXAO Corgo

Adai pon en valor o billar coa cuarta edición da Copa de España feminina

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana o Club de Billar de Adai acolleu a cuarta edición da Copa de España feminina de billar. Unha trintena das mellores xogadoras deste deporte a nivel nacional citáronse no Corgo, sendo unha das probas que acada maior participación. A competición comezou o venres e prolongouse ata o domingo, xornadas nas que as instalacións foron sede dos cuartos de final, das semifinais e da final.

Finalmente, as galegas tiveron a súa representación no máis alto do podio. Mayte Ropero e Eva Vivas fixéronse coas dúas primeiras posiciòns, mentres que Mirella Feito Sánchez e Elena Urquijo Pancorbo quedaron en terceiro lugar. Con esta cita, as xogadoras pretendían asegurar os seus postos para o campionato de Europa, que se celebrará o vindeiro ano.

A competición tamén serviu para poñer en valor a parroquia de Santiago de Adai e a súa contorna. Con esta competición, o club continúa a traxectoria que comezaron en 2021 co obxectivo de promover o interese e a afección feminina ao billar e facer da escola de Adai un punto de encontro para xogar, adestrar e tamén competir ao máximo nivel.