Skip to main content
Lugo

Hortos verticais e patios inclusivos: os proxectos dos estudantes das Mercedes e do Politécnico para innovar

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

O alumnado do CIFP As Mercedes, do Politécnico e do CEE Santa María de Lugo participaron no Congreso da Innovación na Formación Profesional ‘FP Innova 2024’ na Cidada da Cultura. Deste xeito os estudantes de FP das Mercedes amosaron todo o seu potencial na cita con cinco proxectos. Os rapaces desenvolveron un sistema de arrefriamento e quentamento de leite para becerros en granxas, un simulador personalizado para coches de competicións de Fórmula 3 que permita probar diversas configuracións en pista e un proxecto de realidade aumentada aplicada ao mantemento de equipamentos complexos.

Ademais, tamén ensinaron GaliEND, un proxecto que consiste na realización de ensaios non destrutivos avanzados para a inspección de compoñentes do sector aeronáutico e Verde Vertical, que consiste no deseño e fabricación de hortas verticais que permitan maximizar o aproveitamento do espazo en áreas  urbanas.

Pola súa parte, o Politécnico levou seis proxectos ata a capital autonómica. Entre eles atópase a creación dun xemelgo dixital a partir dun sistema mecatrónico real, a levitación magnética e as súas aplicacións na automatización de procesos industriais e o desenvolvemento dun patio inclusivo a partir da elaboración de recursos para potenciar capacidades diversas do alumnado mediante o xogo e espazos de lecer.

Ademais, tamén deron a coñecer o deseño de bolígrafos en madeira personalizados, taboleiros e pezas de xadrez utilizando técnicas como o mecanizado ou a fabricación aditiva e unha miniempresa dedicada á realización de análises citoxenéticas a partir de mostras de sangue. Pola súa parte, o CEE Santa María tamén tivo o seu espazo na feira coa idea dun patio inclusivo con espazos de lecer que contribúan a mellorar as funcións executivas e as habilidades sociais e motoras.