Skip to main content
Comarca LUGOXA

Licitan por 885.500 euros o servizo de mantemento das estradas da montaña de Lugo

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou sacar a licitación, por un importe conxunto de 885.500 euros e un período dun ano, dous lotes do contrato para o mantemento e a conservación das estradas provinciais, correspondentes á comarca da montaña.

Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que, “desta forma completaremos a contratación destes traballos para as 8 zonas nas que está dividida a rede viaria da Deputación, unha vez que temos adxudicado outros 6 lotes do contrato”. García Porto concretou que os lotes licitados afectan aos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.