Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Dez Portas clasifícase para o campionato provincial de tenis de mesa de Ribadeo

Por 9 Abril, 2024Sin comentarios

O CD Dez Portas TM achegouse á Pastoriza para participar no Campionato Zonal da Terra Chá Xogade de Tenis de Mesa en idade escolar. Presentáronse con 3 equipos nas categorías Benxamín, Alevín e Cadete, que acadaron moi bos resultados.

Deste xeito, o club conseguiu a clasificación para o provincial de Ribadeo para os equipos Benxamín e Cadete Mateo López e Martiño Lamas alzábanse como campións da Terra Chá na categoría Cadetes, mentres que Jesús Cao e Coral García conseguía o subcampionato.

Carla Fernández, Marco Rois e David Rodríguez clasificábanse na categoría Alevín Masculina como 3° de grupo e non conseguiron a clasificación para Ribadeo, pero desfrutaron dunha xornada divertida e deportiva con outros rapaces.