Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O equipo cadete do Casás proclámase campión galego

Por 9 Abril, 2024Sin comentarios

O equipo cadete do CP Casás proclámase campión galego esta fin de semana. A marea amarela continúa colleitando bos resultados ao chegar tamén ao máis alto na División de Honra Cadete de Galicia.

O equipo puido facerse co trofeo no último encontro de Liga contra o Burela (8-2), que quedaba a dous puntos dos lugueses. O partido deixou moi bo sabor de boca para o club que logra facer campións aos cadetes nas dúas categorías.