Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Free Dojo de Lugo conquista 19 medallas no torneo internacional de kickboxing en Luintra

Por 22 Abril, 2024Abril 23rd, 2024Sin comentarios

Este 20 de abril celebrouse en Luintra un dos torneos internacionais máis importantes dentro de Kickboxing en Galicia, o torneo Ribeira Sacra de Kickboxing. Nel déronse cita as mellores escolas oficiais de Galicia así como as mellores escolas de España con equipos chegados desde Baleares, Madrid ou Málaga.

Celebrouse contando coas dúas especialidades de Kickboxing en Tatami e Ring e todas as modalidades, nas que competiron os deportistas de Free Dojo Lugo, que volveu ser o club da provincia de Lugo con máis medallas e máis representación cun total de 9 deportistas e 19 medallas obtidas.

Os lucenses obtiveron 1 Ouro, 10 pratas e 8 bronces, destacando especialmente a actuación de Gael Liste Abeledo que cos seus 12 anos que conseguiu un ouro e dúas pratas en diversas modalidades e David González actual campión galego 2024 de Point Fighting, que se mediu nas dúas finais a Dayron Enrique outro dobre campión galego 2024 de Lixeiro e Kick. Neste encontro non puido superar ao seu adversario e conseguiu dúas pratas para o noso club deportivo

Deste xeito, Carlos Castro e Andrés Oliveirais fixéronse con unha prata cada un. Pedro Jésus Fernández obtivo unha prata e un bronce, igual que Gabriel Fernández. Alejandro Fra conseguiu unha prata e dous bronces, medallas coas que tamén se fixo Brandon Esteven. Marta Calvan tamén triunfou ao levarse 2 bronces na competición.