Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A excelencia no voleibol galego ten selo lucense: o Emevé proclámase campión por partida dobre

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

A excelencia no voleibol volve ter selo lucense unha vez máis. Esta fin de semana na Estrada as loitadoras do club Emevé proclamáronse campioas xuvenís desta tempada ao vencer ao Club Korbis nas semifinais e despois ao Coruña. Ademais, tamén logrou vencer no campionato autonómico na categoría cadete feminina, na júnior e un terceiro posto na infantil.

Trátase dunha vitoria á que tamén se sumaron os deportistas, pois tamén se situaron no máis alto na categoría xuvenil ao impoñerse no último encontro ao Volei Dumbría. Xunto con estes resultados, os loitadores fixéronse co campionato galego infantil e quedaron nun segundo posto na categoría júnior.