Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Milagrosa xuvenil logra o ascenso a falta dunha xornada de liga

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

Os albivermellos aseguran o liderado na liga regular da Primeira lucense. O Milagrosa consegue o ascenso a falta dunha xornada e tras os encontros co Vilalbés B e o Pontenova. O club da cidade queda primeiros de categoría con 54 puntos e deixan así sen opcións ao Antas, que asegura o segundo posto.

Despois do seu empate co Palas, o Residencia B mantense quinto, o último que permite o ascenso á nova categoría. Pero séguelle de preto o Becerreá, ao que deberá enfrontarse no último partido para loitar por ese salto de categoría.