Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Lugo Sala recibe o título de campión de Liga e suma unha vitoria máis fronte ao Guardo

Por 29 Abril, 2024Sin comentarios

O Lugo Salga segue co seu claro obxectivo de chegar ao mellor momento posible á fase de ascenso e segue traballando para cando chegue ese desexado momento. No último encontro ante o Deporcyl Guardo FS os de Guillermo Martínez primeiro recibiron o título de liga para ofrecerllo á afección e logo puxéronse sumaron un novo triunfo (6-3).

O partido dos locais foi de menos a máis e iso propiciou que o Guardo primeiro se adiantase e logo estivese durante moitos minutos en partido a pesar de que actualmente xa non se xoga nada e que tiña inalcanzable o cuarto posto. Tras o gol visitante ao minuto seis, superado o ecuador do primeiro acto e en tan só un minuto, Antonio Diz con dous goles poñía en vantaxe aos seus, aínda que o rival sería capaz de poñer as táboas de novo no marcador antes do intermedio (2-2).

Tras o descanso, o Lugo Salga melloraría no seu xogo, aínda que seguía sufrindo en defensa, xa que o Gardo vivía das súas boas contras, sendo os porteiros claros protagonistas durante moitos minutos. O partido colleu cor lucense cando ao minuto 32 Héctor e ao 33 Saúl poñían de novo en vantaxe aos seus co 4-2. Ese gol fixo dano nas filas visitantes que a pesar de sacar o porteiro-xogador, buscando a heroica, non lograría vencer a férrea defensa lucense e só puido aproveitar un erro a falta de minuto e medio para a conclusión para facer o 5-3.

Xa con todo decidido, Iago Rodríguez nun lanzamento libre desde os dez metros tras a sexta falta visitante pecharía o marcador co 6-3 definitivo. O sábado 4 de maio + o equipo enfrontarase ao Caixa Rural Atlético Benavente FS no Pavillón A Rosaleda dentro da 29ª e penúltima xornada no grupo I da 2ª división B.