Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla loita contra a velutina instalando 100 trampas xeolocalizadas

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla pon marcha con fondos propios unha campaña de trampeo de vespas velutinas. “En concreto, instalamos 100 trampas xeolocalizadas por todo o concello para a captura de vespas raíñas, evitando desta forma a formación de niños”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

O Concello coorganizou unha reunión informativa sobre a campaña da velutina coa Asociación Galega de Apicultura, e agora pon en marcha esta campaña de trampeo. A esta campaña municipal uniranse as 70 trampas que instalará o Seaga para o control das velutinas.

“Puxemos en marcha esta campaña preventiva desde o concello porque consideramos que é importante controlar as velutinas e axudar aos veciños neste tema”, engade García Porto, “preservando a súa saúde e protexendo a produción de mel”.