Skip to main content
A Fonsagrada

Seguen as concentracións do BNG da Fonsagrada pola defensa da atención primaria da vila tras 27 semanas

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego da Fonsagrada leva 27 semanas con concentracións para reclamar unha sanidade digna para Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
María explica “levamos 27 semanas reclamando unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz porque coa nosa saúde non se xoga”

Segundo traslada, o PP está poñendo “contra as cordas a sanidade pública”, con “continuos recortes” que no caso da Fonsagrada e Negueira de Muñiz , asegurou, “non son produto da casualidade”, pois entende que responden a un “claro deseño do PP para deteriorar a sanidade pública”, censurou.

“Imos seguir a esixir que se blinde o dereito á sanidade pública que é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”concluíu María Fernández