Skip to main content
A Fonsagrada

A Escola de Maiores da Fonsagrada programa sesións de fisioterapia, perruquería e obradoiros de memoria

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

A Escola de Maiores da Fonsagrada programa unha variada oferta de actividades para as vindeiras semanas. Ademais do obradoiro de memoria que se desenvolverá todos os martes de 17.00 a 18.00 horas e as actividades de ximnasia de mantemento que se organizan os xoves de 18.15 a 19.15 horas, organizan unha xornada de perruquería o luns 22 para a que se debe pedir cita a través do 676 381 166 e unha sesión de fisioterapia o luns 29.

O domingo 21 promoven unha nova xornada de bingo e xogo dos brilos e o sábado 4 de maio terá lugar unha charla de alimentación saudable a partir das 16.30 horas.