Skip to main content
Lugo

Continúan as Sesións de Filmoteca do club Valle-Inclán en abril

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

O Club Cultural Valle-Inclán continúa as proxeccións das Sesións de Filmoteca neste mes de abril. Nas vindeiras semanas ofrece catro novos filmes na cidade de Lugo. O mércores 3 é a quenda da peza Alma viva, de Cristèle Alves Meira, que se proxectará na Casa do Saber a partir das 19.30 horas.

A entrada é libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, o resto do público deberá aboar a cota proporcional de socio, uns dous euros. Trátase dun filme delicado, penetrado polo realismo máxico, coa portuguesa Alves Meira debutando na ficción. Como cada verán, Salomé regresa de vacacións ao súa vila familiar nos montes portugueses. Alí desfruta coas súas tías e primos dun ambiente festivo ata que se produce de maneira inesperada a morte da súa querida avoa.

Mentres os adultos pelexan pola herdanza e se enfrontan aos habitantes do lugar antes do enterro como se foran forasteiros no seu propio pobo, Salomé comeza a sentir o poder das tradicións que a súa avoa contoulle antes de falecer. Namentres as crenzas sobre a existencia dos espíritos seguen vivas, Salomé, desde a inocencia que brinda o cotián, conseguirá unir á súa familia baixo unha chuvia redentora Pola súa parte, o día 10 proxectarase Buena Vista Social Club, de Wim Wenders; o 17 chega Sombras en el paraíso, de Aki Kaurismäki; e o 24, Diario de un cura rural, de Robert Bresson.