Skip to main content
Lugo

Mádia Leva organiza unha ruta pola historia de Lugo

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

O Centro Social Mádia Leva organiza unha ruta pola historia de Lugo este sábado 6 de abril. A actividade parte da praza de Santa María ás 11.00 horas. Para levar a cabo a proposta, escolleron cinco feitos históricos sobre os que se desenvolve o itinerario.

Deste xeito, a través da ruta farase unha viaxe no tempo partindo da época de María Castaña, de Fernando Ares de Saavedra, dos Mártires de Carral e profundizarase no Proxecto da Constitución para o Estado Galego, así como na Celebración da primeira Asamblea Nacionalista.