Skip to main content
Lugo

Lugo conmemora o Día da Terra cun obradoiro medio ambiental

Por 13 Abril, 2024Abril 14th, 2024Sin comentarios

A área de Xuventude e Deportes de Lugo organiza un obradoiro medio ambiental polo Día da Terra. Trátase dunha proposta que invita a loitar contra os plásticos e que será o sábado 20 e domingo 21 de abril.

Terá lugar na Casa da Xuventude. Haberá unha recollida de plásticos pola Biosfera Terras do Miño. Os interesados xa poden realizar as súas inscricións a través de www.xuventudelugo.gal.