Skip to main content
Lugo

O rock e as motos volven a Lugo co festival Chicken Run

Por 6 Abril, 2024Abril 7th, 2024Sin comentarios

Os amantes do rock e das motos encóntrase en Lugo o 31 de maio e o 1 de xuño para gozar da oitava edición do Chicken Run. A cita volve á estrada vella de Santiago cunha variada selección de concertos. O venres comeza o programa coas actuación de Néstor Pardo, Los Pontiaks e Connie the Rockets.

O sábado os asistentes poderán gozar dos concertos de Sr. Salvaje, King Sapo e Five Strings Band. O Chicken Run non é un festival nin unha concentración de motos, é unha reunión da xente máis auténtica e dos grupos de rock & roll nun ambiente afastado de modas e estereotipos, co obxectivo de xuntarse e gozar deste estilo de vida na kustom party más tola de Galicia.