Skip to main content
Lugo

Abren seis novos negocios en Lugo da man do viveiro municipal da Tinería

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, visitou o viveiro municipal da Tinería para coñecer de primeira man os seis novos negocios que ocuparán outros tantos locais comerciais neste barrio do centro histórico. Farano durante un período máximo de seis anos, cunhas condicións moi vantaxosas, pois o Concello reducirá os alugueiros nun 7 0% sobre o prezo estipulado polo IGVS, de xeito que a cota a satisfacer polos arrendatarios dos locais será o 30 % do importe total que a administración local pagará á Xunta, ao tratarse de espazos de titularidade autonómica.

O Concello asumirá tamén o importe do IBI de todos os locais, “e este custo non se repercutirá aos arrendatarios”, asegura a alcaldesa Deste xeito, as rendas oscilan entre os 18,59 euros mensuais do aluguer máis baixo e os 133,82 euros do máis caro. Tras varias semanas nas que os novos adxudicatarios dos espazos puideron acondicionar os locais de acordo coas características da súa actividade comercial, todos os negocios xa se atopan en funcionamento e abertos ao público.

Neste senso, a alcaldesa convidou a toda a cidadanía a “achegarse a coñecer os produtos e servizos que estes ofrecen”, e lembrou que, precisamente, o obxectivo desta iniciativa é “contribuír a dinamizar social e economicamente o barrio da Tinería, do mesmo xeito que tamén pulamos pola rexeneración urbanística do centro histórico coas obras de peonalización e humanización, para que xuntas estas intervencións teñan un caracter transformador na contorna”.

Para o Gobeno local o apoio ao emprendemento é un piar fundamental da súa política de dinamización económica, “coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego e fixar poboación nova. Queremos que Lugo siga sendo unha cidade de oportunidadese”, engadiu a rexedora. Esta é a segunda convocatoria que poñen en marcha, logo de que os inmobles estiveran ocupados durante os pasados cinco anos, ”contribuíndo á xeración de novos postos de traballo e ao despegue de proxectos empresariais de diversa índole, algún dos cales volveu a mostrar o seu interese en continuar na zona”, lembrou Repetto.

O edil explicou que para a cesión destes locais o Concello, a través da área de Dinamización Económica, asinou un acordo co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que contempla o arrendamento de sete locais de titularidade autonómica, un dos cales, situado na rúa Tinería 36, será empregado polo propio Concello para realizar actividades de dinamización, mentres que os outros seis locais poranse a disposición dos/as emprendedores da cidade. Finalmente, as empresas instaladas no viveiro da Tinería son Ani Nails Lugo,   Portomeñekos, Perspectiva, Lucus Aventur, Sara Lage e Anaytra.