Skip to main content
Lugo

Chega en maio a quinta edición do Lugo en Marcha polo Cancro

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

A quinta edición do Lugo en Marcha polo Cancro terá lugar no mes de maio, concretamente o día 4. A andaina, que comezará ás 18.00 horas, será polo adarve da Muralla cunha carreira solidaria duns 4 quilómetros na que poden participar adultos e tamén nenos.

A entrega de dorsais dos inscritos na proba, organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo, realizarase na sede da asociación, na rúa Carril dos Loureiros 17, o venres 3 de 16.00 a 19.30 horas e o sábado en horario de 11.00 a 13.30 e de tarde xa na Horta do Seminario de 15-00 a 18.00 horas. Ademais das categorías adultos, menores, Sub 14, Sub 10, pitufos e absoluta, existe un dorsal solidario para os que queiran colaborar.