Skip to main content
Lugo

Os premios para o sector hostaleiro da provincia volven a celebrarse en Lugo

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

A Gala Provincial da Hostalaría Lucense celebrarase o vindeiro 15 de abril en Lugo. O evento, xa habitual na axenda anual da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, ten lugar cada ano nun punto da provincia e nesta ocasión volve á cidade de Lugo, concretamente ao Hotel Méndez Núñez.

Os hostaleiros homenaxeados nesta ocasión cos Premios Toda unha vida nos fogóns son Carlos e Jaime, da Cafetería Nevada de Lugo; José Ramón, do Restaurante Mazo de Santa Comba de Lugo; Carmen e Horacio, do Restaurante Río Lor de Quiroga e Manolo, do Restaurante A Casa de Guitiriz.