Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A coral Lucus Terra achega a música tradicional galega a Lugo

Por 7 Abril, 2024Sin comentarios

A coral Lucus Terra do IV Ciclo da USC ofrece un concerto este luns na Casa do Saber. A agrupación, que estará dirixida por Bruno Villamor Gay, actuará a partir das 20.00 horas apoiándose nun repertorio para achegar a música tradicional galega.

Esta proposta forma parte do ciclo Na Calzada, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. O acceso é libre de balde ata completar o aforo.

O programa responde a unha iniciativa, a través do que se dá cabida a novos talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións ao abeiro do Lugo Cultural.