Skip to main content
Lugo

O campionato de xadrez Xaquedrum pon en valor esta práctica en Lugo

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

Cristina López asistiu á entrega de galardóns Campionato de Xadrez Xaquedrum celebrado esta fin de semana no soto da Praza de Abastos. A concelleira de Participación destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”,.

Esta práctica supón “un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”, concluíu.