Skip to main content
Lugo

Lugo volve á Idade Media co Mercado Medieval de Fontiñas

Por 9 Abril, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

A Asociación de Hostaleiros de Fontiñas preparan unha nova edición do seu mercado medieval que en principio terá lugar os días 10,11 e 12 de maio. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario cultural de Lugo, que ten a praza do Camiño Primitivo e a avenida das Fontiñas coma puntos principais da feira.

Durante o evento, haberá unha oferta cultural con actividades como espectáculos de lume ou danza medieval. Polo momento, mantense aberto o prazo para os comerciantes que queiran participar e que deberán levar o seu propio stand con decoración acorde á temática.

O Mercado Medieval consegue congregar cada ano o barrio á veciñanza e ás persoas que se achegan a Lugo na busca da mellor artesanía, produtos de alimentación e mostras de recreación histórica.