Skip to main content
Lugo

Serxio María Rodríguez Álvarez presenta ‘O pensamento político de Ramón Piñeiro’ en Lugo

Por 9 Abril, 2024Sin comentarios

Este mércores Serxio María Rodríguez Álvarez presenta O pensamento político de Ramón Piñeiro, a súa nova obra. A cita terá lugar na Librería Trama a partir das 19.00 horas. Acompañando o autor estará Grial Parga da Editorial Galaxia.

Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: piñeirismo.

O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende prescribir, senón entender. Entender, para que hoxe poidamos darlle outra volta máis sobre como queremos que sexa a Galicia do futuro.