Skip to main content
Lugo

Montse Dopico presenta ‘Abonda con vivir. Luisa Villalta’ en Lugo

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

Este venres, Montse Dopico presenta Abonda con vivir. Luisa Villalta, a súa nova obra. A cita terá lugar na Librería Trama a partir das 19.30 horas. Acompañando a autora estará tamén Claudio Rodríguez Fer.

Os asistentes tamén poderán gozar dun recital e acompañamento musical. Trátase dunha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva.

Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu.