Skip to main content
Lugo

Monsterrat Pedreira, investigadora de referencia en España, ofrece un relatorio sobre a ciencia na etapa infantil en Lugo

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

A directora dos estudos do grao en Infantil no campus de Manresa da Universidade de Vic e directora do Lab 06, tal e como se denomina o centro de Educación Científica na Primeira Infancia pioneiro en España, Montserrat Pedreira, ofrecerá este xoves 11 de abril, a partir das 17.30 horas, na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC, o relatorio ‘O lugar da ciencia na primeira infancia. Construír o coñecemento científico en libre elección’.

A sesión, promovida pola profesora da USC e responsable do Laboratorio de Educación Infantil de Formación do Profesorado, Lina Iglesias, co apoio do centro e do Campus Terra, pretende achegar o alumnado a posibilidade de ampliar os seus coñecementos en relación cos ambientes de aprendizaxe en libre elección.

O relatorio que ofrecerá Montserrat Pedreira, unha investigadora de referencia en España no tema da ciencia na etapa infantil, está tamén aberto á participación de mestres e mestras de escolas infantís, así como ao profesorado que colabora no Prácticum e tamén a estudantado dos ciclos de Educadores de Infancia.