Skip to main content
Lugo

Augas Férreas organiza unha verbena con Panorama

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación de Veciños e Comerciantes de Augas Férreas organiza unha verbena na praza este venres. A noite estará amenizada pola disco móbil CDC e pola orquestra Panorama e dará comezo ás 22.00 horas. O programa continúa o sábado 13 cunha sesión vermú a partir das 13.00 horas da man de Claustro Música Lugo.

Con esta proposta, o colectivo continúa a dinamizar o barrio ofrecendo unha variada oferta cultural. Nos últimos meses organizaron os Encontros Augas Férreas, cun programa no que a música, a gastronomía e os máis cativos foron os auténticos protagonistas e tamén celebraron o Día do Libro Infantil e Xuvenil con xogos e contacontos, entre outras actividades.