Skip to main content
Lugo

Presentan en Lugo un volume sobre Herminio Villaverde e a trompa na Fonsagrada

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu a presentación do libro-cd  Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada, editado por aCentral Folque coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O editor Ramón Piñeiro Almuíña presentou o volume, acompañado pola deputada de Cultura Iria Castro e polo director da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad Luciano Pérez, e co acompañamento musical de Álvaro Pin, que amosou ás persoas asistentes o son da trompa ou birimbao.

O volume, coordinado polo musicólogo Javier María López Rodríguez, que indaga na figura de Herminio Villaverde, así como no repertorio, técnicas de execución, interpretes e artesáns máis significados deste instrumento na Fonsagrada.