Skip to main content
Lugo

Auxilia Lugo achégase á estación de autobuses para denunciar as dificultades para as persoas con con discapacidade

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

Este xoves Auxilia Lugo estudará as dificultades que teñen as persoas que presentan algún tipo de problema de mobilidade para empregar os servizos de transporte público. Deste xeito, Nuria Neira, delegada do colectivo, achegarase ata a estación de autobuses “para solicitar información nas diferentes empresas de autocares para viaxar con discapacidade e saber se se ten que avisar con antelación”.

Neira tamén se encargará de contar o caso de Alejandra, unha das usuarias da asociación que “malia avisar con tres días de antelación” non puido realizar a súa viaxe e coa que se pretende dar voz ás dificultades e a falta de accesbilidade neste tipo de servizos.

Esta demanda súmase ao resto de necesidades que defenden dende Auxilia Lugo, como a inaccesibilidade do edificio sindical de Lugo que levan trasladando dende fai un tempo.  De feito, na última xornada electoral, as persoas con mobilidade reducida vironse na obriga de votar na rúa, xa que o montacargas permanecía fóra de uso e non podían acceder ao colexio electoral.