Skip to main content
Lugo

Reparten 2.500 trampas e 8.000 doses de líquido de reclamo para combater a velutina en Lugo

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

Cohesión Territorial inicia a campaña contra a proliferación da avespa velutina co reparto de 2.500 trampas e 8.000 doses de líquido de reclamo. Esta iniciativa vén funcionado con gran éxito ao longo dos últimos anos. De feito, en 2023 logrouse eliminar máis de 6.000 raíñas desta especie invasora na contorna rural do municipio. En total, están a distribuír 2.500 trampas concentrando os esforzos  na contorna rural onde se aglutinan a maior parte dos enxames, xa que existen determinadas especies como as camelias ou as árbores froiteiras que resultan un reclamo para a especie e, por tanto, os cebos son máis eficaces nestes lugares.

Trátase dunha medida pensada para favorecer a erradicación desta praga, que está a prexudicar gravemente á autóctona e xera situacións de alarma entre a poboación pola súa rápida proliferación. “Se ben o traballo municipal levado a cabo coa colaboración da Protección Civil nos pasados anos está a supoñer un importante avance no control, ante a a inacción da Xunta é necesario que desde o Concello, coa colaboración da veciñanza, sigamos asumindo este labor primavera tras primavera”, sinalou a Ana González Abelleira.

As trampas adquiridas e os 8.000 sobres unidoses de líquido de reclamo supuxeron un investimento que supera os 17.000 euros. Ademais, os novos artefactos están certificadas e contan con varios orificios de entrada cubertas cun túnel de concentración de cheiros que evita o escape dos insectos atrapados.   Así mesmo, dispoñen dun sistema para o baleirado e outro de ancoraxe para colocalas en altura.

Estándares medioambientais

Así mesmo, o líquido atraínte para vespa velutina que serve como cebo contén unicamente estratos de plantas e está formulado para non atraer ás abellas, cumprindo así os máis altos estándares medioambientais. “As vespas capturadas morren nestes dispositivos e son recollidas e almacenadas en recipientes herméticos que son transportados polo Servizo municipal de Protección Civil para a súa posterior xestión ambiental cumprindo de forma estrita a normativa”, dixo a edila.

Este traballo permite garantir un mínimo de seguridade para a poboación contribuíndo “ao control desta praga cuxa competencia – de carácter autonómico – se está a desenvolver de xeito deficiente por parte da Xunta de Galicia ante as continuas demandas de atención que traslada á cidadanía”. Dende a Área de Cohesión Territorial, lembran que non debe render o pánico cando se detecta a aparición dun niño, pois está comprobado que, de non padecer unha alerxia especial, as avespas velutinas non teñen por que ser máis perigosas que unha avespa normal. Aínda que si son máis agresivas, polo que sempre se recomenda gardar as distancias e chamar ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 da Xunta de Galicia.