Skip to main content
Lugo

Lugo estrea un festival gastronómico e cultural a favor das persoas refuxiadas

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

Nos seus pés está organizado polo cociñeiro lucense Álvaro Villasante e o grupo Nove coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación

Un novo festival súmase á oferta cultural da cidade. Trátase do Nos seus pés, unha cita organizada polo cociñeiro lucense Álvaro Villasante e o grupo Nove coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo que persegue unha causa benéfica.

Os xardíns da Deputación de Lugo acollerán o vindeiro 3 de maio o evento gastronómico e cultural a favor das persoas refuxiadas, que buscar recoller fonos para a oenegué ProemAID, centrada no rescate e na atención a persoas en risco no mar. Recoñecidas cociñeiras e cociñeiros galegos, a comezar polo chef lucense, participarán no festival, que mesturará a gastronomía con música en directo e intervencións artísticas.

Os primeiros detalles do programa avanzaranse nun acto que se desenvolverá o domingo no Restaurante Paprica, no que se proxectará o documental 24 millas, dirixido por Asier García e Unax Blanco, que recolle o primeiro rescate no Mediterráneo realizado por ProemAID, no ano 2017.