Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo reclama que se garanta a seguridade do Vello Cárcere

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

Tras coñecerse que este edificio quedará sen seguridade privada en xuño de 2024 e que o Goberno local ten a intención de facer con medios propios esta tarefa, o PP reclama que se garanta a seguridade do Vello Cárcere e das pezas arqueolóxicas de gran valor que hai no seu interior.

Rozas advirte que asumir con medios propios a vixilancia, en contra do disposto na Lei de Seguridade Privada, pode provocar sancións económicas graves que poderían chegar aos 600.000 euros. De tomar esta decisión o Goberno local estaría “ignorando os riscos asociados á falta de seguridade profesional nun lugar que alberga obxectos de valor e que require dunha protección adecuada e experta xa que hai un sistema de cámaras interior e exterior e ten que haber un responsable da custodia das imaxes”.

Os populares fan esta reflexión porque sospeitan que o Concello “intenta derivar a responsabilidade da vixilancia do Vello Cárcere aos conserxes ou aos auxiliares de servizo”. O Grupo Municipal do PP engade de que esta instalación non pode quedar sen vixilancia privada, xa que o edificio conta con sistemas e equipos de seguridade que legalmente deben estar atendidos polas Forzas e Corpos de seguridade ou por persoal habilitado de seguridade privada. Aseguran que así se recolle na Lei de protección de datos, onde figura a necesidade de que sexa persoal habilitado para seguir os protocolos legais e xestionar as imaxes dos diferentes dispositivos do edificio.