Skip to main content
Lugo

Clausuran as Xornadas de Futuro Laboral organizadas pola Escola de Relacións Laborais de Lugo

Por 12 Abril, 2024Sin comentarios

Rubén Arroxo e Cristina López participaron nas Xornadas de Futuro Laboral organizadas pola Escola de Relacións Laborais de Lugo. O tenente alcalde e a concelleira de Participación participaron nos distintos actos das xornadas que tiveron lugar nas instalacións da Escola, cunha serie de actos que trataron de agrupar as experiencias relacionadas cos graos que aí se imparten como punto de referencia para o futuro laboral do estudantado.

A xornada contou con 3 mesas redondas. A edil de Participación participou na mesa adicada ás e aos exalumnos do grao, mentres que Rubén Arroxo participou como tenente alcalde do Concello de Lugo na clausura das xornadas. Pola súa parte, o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, fixo fincapé na profesionalidade da organización e puxo de relevancia o éxito co que partía esta xornada porque “demostra o que sempre sostemos; que o alumnado que se forma na Escola de Relacións Laborais, como o alumnado de todo o ensino superior, formación profesional e outros ensinos da provincia, está perfectamente capacitado para a súa inserción no mercado laboral”.

Fernández destacou a necesidade de contar con profesionais formados nun mercado laboral cambiante e nese panorama subliñou o papel dos expertos en Relacións Laborais, pois contan cunha preparación de excepción para ter unha visión global dese mercado. “Un mercado do que todos e todas coñecemos pequenas parcelas, as que nos tocan máis de preto, pero que eles entenden no seu conxunto”.