Skip to main content
Lugo

Lugo estreita relacións con Santo Domingo coa visita da alcaldesa Carolina Mejía

Por 12 Abril, 2024Sin comentarios

A rexedora de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa Consistorial á alcaldesa do Distrito Nacional, xurisdición territorial onde se atopa a capital da República Dominicana e a sede do goberno central. A visita de Carolina Mejía –filla do expresidente da República Dominicana Hipólito Mejía–, enmárcase na súa viaxe a España co fin de fortalecer as relacións internacionais entre ambos países e para cumprir cunha axenda oficial municipal, académica e política, que inclúe reunións bilaterais e firma de acordos.

Neste senso, Alvarellos agradeceu á súa homóloga en Santo Domingo, que elixise Lugo como unha das catro cidades do seu itinerario en España (xunto a Madrid, Sevilla e Barcelona), “tendo en conta que o municipio acolle unha importante comunidade dominicana estando empadroados preto de 400 veciños e veciñas deste país en Lugo”.

A rexedora apuntou que Lugo é unha cidade moi acolledora. “Ao longo do ano recibimos, ademais, visitas institucionais de representantes de diferentes países”. lembrou a visita recente dunha delegación de Cuba “polo interese que lle xeraba a configuración do noso Centro Histórico”.