Skip to main content
Lugo

O club Valle Inclán proxecta ‘Diario de un cura rural’ en Lugo

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

As proxeccións das Sesións de Filmoteca neste mes de abril promovidas polo Club Cultural Valle-Inclán chegan a súa fin. Despois de desfrutar de Alma viva, de Cristèle Alves Meira; de Buena Vista Social Club, de Wim Wenders e de Sombras en el paraíso, de Aki Kaurismäki é a quenda de Diario de un cura rural, de Robert Bresson.

Trátase da terceira longametraxe de Bresson, que está inspirada na novela homónima de Georges Bernanos. Un sacerdote mozo comeza a traballar nunha localidade do norte de Francia. O seu traballo humilde e fervoroso non ten a recepción esperada na súa parroquia. Tales circunstancias levan ao protagonista a unha gran crise de fe, acompañada dunha enfermidade grave. Obra mestra inspiradora, unha narración chea de intensidade, marcador directo do devir creativo do cineasta francés.

A entrada é libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, o resto do público deberá aboar a cota proporcional de socio, uns dous euros. Trátase dun filme delicado, penetrado polo realismo máxico, coa portuguesa Alves Meira debutando na ficción. Como cada verán, Salomé regresa de vacacións ao súa vila familiar nos montes portugueses. Alí desfruta coas súas tías e primos dun ambiente festivo ata que se produce de maneira inesperada a morte da súa querida avoa.