Skip to main content
Lugo

Mariña Pérez presenta en Lugo ‘Finximentos’, a obra gañadora do XXV Premio Ánxel Fole

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

A autora Mariña Pérez Rei presenta ‘Finximentos’, obra gañadora do XXV Premio Ánxel Fole de narración curta do Concello de Lugo, na cidade. A cita será o vindeiro 23 de abril a partir das 19.30 horas no Vello Cárcere.

Achega a historia de Nené, que baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas.

Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos. Saben que a farsa empeza na propia gorxa. Que o silencio é un baixío que hai que evitar. Que o valor dunha conversa é infinito no perfil das apetencias. Aprecian tanto o que beben coma o tícket que amosa a súa consumición.