Skip to main content
Lugo

A Volta do Agro pon en marcha un obradoiro para aprender a construír un pandeiro

Por 19 Abril, 2024Abril 20th, 2024Sin comentarios

A asociación A volta do Agro organiza un obradoiro de construción instrumental. Xosé Maceda ensinará a facer un pandeiro o vindeiro 11 de maio no local do colectivo. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse.

Organizaranse dous grupos, un de 10.00 a 14.00 e outro de 16.00 a 20.00 horas. Ten un prezo de 68 ou de 63 euros en función do tamaño do instrumento. Non se precisan coñecementos previos e os materiais van incluídos no prezo.